TRABALLOS E ACTIVIDADES CURSO 2008-2009
Ó longo deste primeiro trimestre dende a área de Animación á Lectura levamos a cabo os seguintes proxectos:
- Convertimos os espazos de educación infantil nun país dos contos coa elaboración de portadas de contos a gran escala: O coelliño branco, Corre, corre cabaciña, ¡Eu non fun!, O galo quirico...etc. Isto axudounos para comezar a entender a nosa maneira de traballar e a importancia que teñen os contos para o fomento da lectura e do interese dos nenos pola fantasía, pola imaxinación e para a mellora da creatividade infantil.
- O COÑECEMENTO DOUTRAS MANEIRAS DE VIVIR DOS NENOS E NENAS DOUTRAS PARTES DO MUNDO A TRAVÉS DOS CONTOS: A eitorial Combel ten unha colección na que nos mostran como viven os nenos e nenas noutras partes do mundo. Nos utilizamos esta colección para dar a coñecer ó alumnado a diversidade do noso mundo. Elaboramos un gran mapamundi para por no pasillo das aulas de Educación Infantil. Ademais, de cada conto fixemos actividades plásticas relacionadas cos contos e pegámolas no mapamundi. Convidamos a todolas familias a que, no momento de recoller ós vosos fillos e fillas, pasen a velo.
Dende a área de Música levamos a cabo as seguintes actividades:
- Coñecemento de cancións infantís coas súas coreografías.
- Practicamos diversas actividades relacionadas coas cualidades dos sons: altura, timbre,duración, intensidade, o silencio contraposto co silencio... a través das novas tecnoloxías aplicadas á educación e da experiencia directa con instrumentos desas cualidades.
- Coñecemos a tipoloxía de instrumentos musicais que existen: de corda, de vento, de teclado e de percusión.
- A preparación e posterior execución do festival de Nadal coa aprendizaxe da canción e dos movementos que se inventaron para a sua coreografía. A canción seleccionada foi: O pelo roxiño.
En canto á Psicomotricidade ó longo deste primeiro trimestre fixemos diversas actividades:
- Circuitos que implican diversos movementos, desplazamentos e xogos.
- Recantos de xogos diversos relacionados co predeporte: baloncesto, balonpé, atletismo...
- Sesión de xogos populares: carreira de sacos, as sillas musicais, tirar pola corda, os zancos, os pulsos... (sen competitividade)
- Xogos con diversos elementos; cordas, picas, globos, balóns...
- Xogos cooperativos a través do paracaidas.
Isto foi o que se fixo no primeiro trimestre.